Asemblea Xeral Extraordinaria

A Xunta Directiva en funcions convoca á Asemblea Xeral Extraordinaria que se celebrará o día 23 de setembro de 2023 ás 17:00 horas en 1ª convocatoria e ás 17:30 horas en 2ª convocatoria, no local social da Almudeira, coa seguinte Orde do Día:

  1. Renovación dos cargos correspondentes a Xunta de Goberno.

Asemblea Xeral Ordinaria

A Xunta Directiva convoca á Asemblea Xeral Ordinaria que se celebrará o día 19 de agosto de 2023 ás 15:30 horas en 1ª convocatoria e ás 18:00horas en 2ª convocatoria, no local social da Almudeira, coa seguinte Orde do Día:

  1. Lectura e aprobación, se procede, da acta da reunión anterior.
  2. Información sobre o estado xeral da Asociación.
  3. Solución sobre todo o relacionado con usuarios da auga nos domicilios “O Ruxil”.
  4. Modificación do número dos asinantes para retirar efectivo en Abanca.
  5. Asuntos varios.
  6. Rogos e preguntas.

Sardiñada 2023

O vindeiro 5 de Agosto, as 21 h, celebraremos a Sardiñada das Festas da Luz 2023. Todolos que queirades asistir debédesvos apuntar no teléfono 656.786.123 (por guasap o sms) o no email correo@santategra.org, sendo o último día para apuntarse o venres 28 de Xullo. O prezo da comida será de 12€ para os socios e 16€ para os non socios.

Benvida ó Movimiento Ultreya

O vindeiro 8 de xullo, ás 13:00 H, na Praza do Prado de Castro Caldelas escenificarase a nosa tradicional “Danza das Cocas” para recibir ós ciclistas do Movimiento Ultreya, o cal é un proxecto solidario, totalmente apolítico e socialmente transversal, formado por persoas con perfís e profesións moi diversas. Entre os seus obxectivos está colaborar con proxectos locais, de carácter social e cultural, no ámbito rural e ofrecer visibilidade ás poboacións da España máis despoboada.

Podedes atopar máis información no seguinte enlace https://movimientoultreya.org/

Na edición deste ano 2022 a Asociación Cultural Cocas e Danzantes de Santa Tegra será unha das asociación que recibirá a axuda do movemento, pola labor realizada na recuperación da “Danza das Cocas”. Dende a Asociación queremos expresar o noso agradecemento e total apoio a esta importante labor realizada polo Movimiento Ultreya.

Do mesmo xeito, animámosvos a todos os que teñades a posibilidade a acudir o acto, que coincide co final da sétima etapa.

COLABORAN:

Concello de Castro Caldelas.

Escola Provincial de Danza Castro Floxo da Deputación de Ourense.

Sardiñada 2022

O vindeiro 6 de Agosto, as 14 h, celebraremos a Sardiñada das Festas da Luz 2022. Todos os que queirades asistir debédesvos apuntar no teléfono 988.20.74.88, sendo o último día para apuntarse o domingo 31 de Xullo. O prezo da comida será de 12€ para os socios e 15€ para os non socios.

Acto co Movemento Ultreya

Co propósito de axudar ao mantenemento das tradicions culturais dos pobos o Movimento Ultreya (a suxerencia do Concello de Castro Caldelas) organizará un acto o día 8 de xullo para que a Asociación faga unha presentación da nosa danza “Cocas e Danzantes”.

MAGOSTO 2019

magosto

A Xunta Directiva da Asociación Cultural e de Veciños «Cocas e Danzantes» de Santa Tegra convócavos para o día 2 de Novembro no que celebramos o noso tradicional Magosto, ás 20:00 horas no Local Social da Almudeira.

O menú constará de:

  • Empanada
  • Churrasco de porco e chourizo
  • Castañas asadas
  • Chocolate, bica e roscón
  • Bebida
  • Queimada

O prezo calcularase a escote entre os asistentes, cun incremento de 3,00 € para os non socios.

 

Apuntarse antes do 29 de outubro.